O Concello e a Asociación de Parkinson colaboran na organización dunha carreira popular

82

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces recibiron esta mañá á Asociación de familias de enfermos de Parkinson de Pontevedra, que solicitaron a colaboración municipal para organizar unha carreira popular que tamén se celebrará en varias cidades europeas, e en 32 cidades españolas.
O Concello recolleu a proposta da asociación e tentará adaptala ao calendario das múltiples carreiras que se van celebrar este ano na cidade de Pontevedra.
A Asociación de Parkinson ten unha forte implantación na comarca de Pontevedra dado que atende a máis de 100 enfermos con terapias de logopedia, piscina terapéutica e fisoterapia.

COMPARTIR