Cociñando contos, no Salón do Libro

37

A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela, presentaba esta mañá acompañada de Orbil a progamación da edición 2014 do Salón do Libro. Unha edición moi especial, a número 15, que levará por título “Cociñando contos” e manterá os fogóns do Pazo da Cultura traballando a reo para levar a cabo as 135 actividades que compoñen a oferta deste ano, un 55% máis ca o ano pasado.

Moitas son as novidades das que poderán gozar nesta edición, comezando pola homenaxe colectiva para todos os autores/as foron homenaxeados/as en edicións anteriores. María Victoria Moreno, Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, Bernardino Graña, Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Paco Martín, Gloria Sánchez e Marilar Aleixandre.

Para darle unha maior relevancia aos centros escolares colaboradores, que este ano son 36 (25% máis ca o ano pasado), contaremos con eles na inauguración, explicando o proceso creativo dos seus traballos, expostos na Sala de Exposicións. Será venres 14 ás 19:00 horas, logo do espectáculo inédito “A casiña de chocolate” (18:00h) da man da Orquestra Filharmónica Cidade de mércores 12 ás 19:30 Pontevedra, con narrador e actores, inspirada no conto de OQO Hansel el Gretel

Pero antes da inauguración, serán numerosas as accións que o Salón leve a cabo nas rúas e establecementos de Pontevedra. A Galería Sargadelos inaugurará o martes 11 ás 20 horas a exposición “A que sabe este libro”, cedida por Salón del Libro Infantil y Juenil de Madrid, ecomposta por deseños de membros da APIM (Asociación de Profesionales de la Ilustración de Madrid). Será a partir do martes tamén cando pasemos a tarde “Merendando Contos” nas librarías Cronopios (martes 11 ás 17:30), Paz (mércores 12 ás 18:00) e Seijas (xoves 13 ás 18:00) con Teresa Zatarain, Andrea Bayer e Tareixa Alonso respectivamente.
“Arcimboldos: Roteiros Saborosos” inaugurarase o cun roteiro que partirá da Ferraría percorrendo os escaparates coas obras dos artistas que homenaxean a Giussepe Arcimboldo. E para seguir “Cociñando Contos”, Kiko da Silva encherá os balcóns da Rúa Real cos seus “Bocadillos de Viñetas” a partir do xoves 13. Do mesmo xeito e gracias a colaboración da “Asociación Taburete” en diferentes establecementos de restauración poderedes gozar dos “Almorzos Ilustrados” cos manteis individuais ilustrados por Aida Alonso, Alberto García Ariza e Iago Araújo da AGPI.
Adentrándonos na programación, referida á matinal concertada con centros escolares, durante a primeira semana e parte da segunda serán case 3.000 nenos/as de 1º, 2º e 3º ciclo de primaria os que acudan aos contacontos e obradoiros diarios cos que se agasalla a súa participación no Salón do Libro, elaborando traballos tridimeinsionais ou libros. Pola súa parte, os centros colaboradores de educación infantil (1600 nenos/as) asisitirán os días 1, 2 e 3 de abril ás 6 sesións de “Martes”: Espectáculo infantil deseñado por Baobab Teatro para o Salón do Libro, inédito e con pases para público familiar ás 18:30 horas (3€). Este plantexamento de trocar os contacontos aos que viñan asistindo os máis pequenos, responde a un afán por adaptar a actividade as idades dos máis pequenos/as.

Para os centros de secundaria, a actividade será “Feitizo de Sangue”  un obradoiro organizado pola editorial Galaxia coa escritora Sabela González, lectura das novas páxinas do segundo tomo da triloxía “Unha Nova Viaxe por Landereina” e coloquio coa autora.
Como ven sendo habitual, os espectáculos para público familiar que se celebrarán polas tardes ás 18:30 horas (3€), contarán con varios pases concertados con escolares, tanto de infantil e primaria como segundaria que reunirán preto de 4.000 nenos/as, aos que temos que sumar procedentes dos 50 centros os que se achegarán ao Salón só para visitalo ou facer roteiros guiados.
“A casiña de chocolate” da OFCP, “A pota que trota” con María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz, “Sopa de Sapo” de Talía Teatro e “Zampón o lambón” de Fantoches Baj son os títulos dalgúns dos espectáculos infantís que terán lugar no Auditorio.
Os rapaces de secundaria e pola noite o público en xeral poderán gozar de “As do Peixe” de Abrapalabra (Pazo da Cultura) e “Davinci tiña razón!” con Mofa e Befa, Piti Sanz e Quico Cadaval no Teatro Principal.
Os adolescentes contarán cun programa a parte “Pásate polo recinto”, cheo de actividades e obradoiros apropiados a súa idade: fotografía, cociña, curtametraxes e ciclo de cine, así coma un espazo para leer as últimas novidades da literatura xuvenil na Sala VIP. Numerosos obradoiros familiares, abertos ou con prazas limitadas, para todas as idades, contacontos, actividades para bebés, espectáculos inéditos e estreas, etc completan a programación que contará ao longo de 23 días nos que o Salón do Libro permanecerá aberto en horario de tarde de 17:00 horas a 20:30 e os sábados e domingos tamén de 11:00 a 14:00 horas.

Podedes consultar toda a programación na web www.salondolibro.org e www.pazodacultura.org onde aparecen detalladas todas as actividades, o prezo no caso de ter custe, o xeito de mercar as entradas, as prazas dos obradoiros no caso de ser limitadas e a forma de inscrición para os que a requiran.
Agardamos que gocedes da nosa programación, elaborada durante meses con moito esforzo e agarimo, seleccionando cada actividade e pensando en mellorar ano tras ano..

E xa que cousa vai de cociñar contos, nós xa temos a mesa posta e os pucheiros ben cheos. Agora, e coma en todo xantar festivo como é o noso XV Salón do Libro, só falta o máis importante: Vós, os/as nosos/as convidados/as.

COMPARTIR