Broche espectacular para o entroido pontevedrés

45

A concelleira de Festas, Carme da Silva calificou de "espectacular" o entroido que viviu a cidade nos últimos días de semana "a pesar do comezo de chuvia". A concelleira quixo agradecer esta mañá o traballo de todos os colectivos, grupos e persoas a título particular que participaron no entroido "porque neste caso a participación é a festa".

"Durante esta fin de semana houbo miles de persoas na rúa que se resolve sen incidencia algunha ou problemas que resaltar", explicou a concelleira.

COMPARTIR