Continúa aberta a inscrición para o programación de adquisición de habilidades sociais

80

A Concellaría de Benestar Social Municipal e a Asociación Xuntos manteñen aberto o prazo de inscrición no programa de Adquisición de autonomía e habilidades sociais e persoais dirixido a persoas con discapacidade intelectual entre os 8 e os 15 anos.
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello entre o 17 e o 20 de marzo.
As persoas interesadas en participar deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro xeral do Concello durante a vindeira semana. Está pensado para rapaces cunha discapacidade de grao superior ou igual a un 33%, excepto aqueles que poidan ter recurso en asociacións de discapacidade específica existentes en Pontevedra. Terán prioridade todos os rapaces empadroados no concello de Pontevedra, aínda que no caso de quedar prazas vacantes poderase valorar a posibilidade de que pertenzan a concellos limítrofes.
Os participantes terán que pagar unha cota total da actividade de 30 euros, que será do 25 de marzo até o 24 de xuño.
Este programa pretende previr a dependencia, mediante a prestación dos apoios estritamente imprescindibles e creando aquelas oportunidades necesarias para que poidan formar parte da comunidade, seguindo sempre criterios de normalidade. Pretende dotar ás persoas usuarias dos apoios necesarios para aumentar a autonomía en tódolos ámbitos da vida: persoal, social, educativo e familiar, e traballar as habilidades no aspecto físico, afectivo, cognitivo, comunicativo, social e de inclusión escolar.
No programa traballarase a autonomía persoal e social; urbana e na comunidade; e doméstica.

COMPARTIR