Pontevedra, a estudo nunha xornada técnica sobre mobilidade en San Sebastián

121

O Concello de Pontevedra será obxecto de estudo na xornada técnica sobre a mobilidade nas cidades que se celebra este venres, 14 de marzo, no concello de San Sebastián, e que organiza o concello xunto á Diputación Foral de Guipuzkoa e a Fundación Cristina Enea.
Pontevedra estará representada a través do intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle e do responsábel de Educación vial dentro do servizo, Antonio Duarte.
Esta xornada pretende analizar diferentes iniciativas relacionadas coa recuperación do espazo público para as persoas, así como experiencias concretas dirixidas á comunidade escolar.
Baixo o título “Caminar resuelve. La movilidad escolar en Pontevedra”, Daniel Macenlle e Antonio Duarte exporán a experiencia pontevedresa.
Para máis información:

https://gaur.donostia.org/es/jornada-tecnica-en-cristina-enea-sobre-la-movilidad-en-las-ciudades/