Volven os Cantos de Taberna

54

Volven os Cantos de Taberna. Hoxe foron presentados pola concelleira de Festas, Carme da Silva e a representante de Maravallada, Mar Fernández que animaron a toda a poboación a achegarse os últimos venres de cada mes ás tabernas escollidas para pasar unhas horas divertidas cantando en compañía.

Esta edición comeza este mesmo venres, e rematará o mes de xuño, e as sesións serán entre 21.00 horas e as 00.00 horas.

A primeira sesión será este vernes, 28 de marzo nas tabernas: Reixas e Navarra. E actuará soamente Maravallada.

A seguintes serán:

  • 25 de abril: Timón e Pasaje con Maravallada e Airiños da Peneda
  • 30 de maio: Lar e o Bodegón de Quique con Maravallada e Os novos diplomáticos.
  • 27 de xuño: Brasilia e Rebusco con Maravallada e Retesía.

As sesións estarán acompañadas de obradoiros de canto que se impartirán os días 5 e 12 de abril en horario de 10-12 e de 12,15 a 14,15 horas. Os obradoiros son balde pero con inscrición previa no teléfono 986 89 65 28 entre as 08.30 e as 14.30 horas.

A Concellaría de Festas prevé deslocalizar estes Cantos de Taberna e levalos aos barrios de Pontevedra. Comezarán en breve no barrio Pontevedra Leste.