Primeiro obradoiro de Cantos de Taberna

63

O edificio do antigo Conservatorio de Música, na rúa Alfonso XIII, acolle mañá pola mañá o primeiro obradoiro de canto previsto dentro do programa Cantos de Taberna, que organiza a Concellaría de Festas. Este obradoiro impartirase en dous grupos cos seguintes horarios: 10 a 12 e de 12,15 a 14,15 horas.
O segundo obradoiro de canto será o 12 de abril, no mesmo lugar e horario. Para participar nestes obradoiros de balde, é preciso inscribirse previamente no teléfono 986 89 65 28 entre as 8,30 e as 14,30 horas.
Os Cantos de Taberna volverán as rúas e bares do centro histórico da cidade o último venres de mes, o próximo 25 de abril, en horario de 21.00 a 00.00 horas. Nesa ocasión os bares escollidos son o Timón e o Pasaje. Maravallada, a asociación cultural que organiza os Cantos de Taberna xunto co Concello, estará acompañada de Airiños da Peneda.
As seguintes citas do Canto de Taberna serán o 30 de maio e o 27 de xuño.
A Concellaría de Festas prevé deslocalizar a programación de Cantos de Taberna e levala aos barrios de Pontevedra. Comezarán en breve no barrio Pontevedra Leste.

COMPARTIR