Machina e Transilvanians, na segunda sesión do Galegote Rock

45

O Galegote Rock continúa mañá na Sala Karma, a partir das 22.30 horas, nunha sesión na que actuarán Machina e Transilvanians. Pola súa banda, no Pequeno Karma, e a partir das 00.00 horas, actuará o Fillo da Fiusa DJ. Para os primeiros concertos hai que pagar entrada de 4 euros, e para o segundo a entrada é de balde.
O Galegote Rock remata o sábado, coa seguinte programación:
• Na Sala Karma. Concerto: 22.30 horas. Entrada: 4 euros
o Frenaso no Calsonsillo
o Familia Caamagno
• No Pequeno Karma. A partir das 00 horas. Entrada de balde.
o DJ Nano Vinilo (rock-indie e clásicos de bandas galegas)

Hoxe, a partir das 22.00 horas, actuarán no Pequeño Karma a Banda do Terror e o DJ O Xabarín de Bora.

Venda de entradas: O mesmo día na Sala Karma; pódense reservar en produccionsalakarma@gmail.com

O Galegote Rock é unha proposta da Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración coa Sala Karma, que pretende achegar a mellor música das bandas galegas ao público habitual dos concertos ao vivo en salas comerciais, así como promocionar os grupos profesionais que cantan na nosa lingua.

 

COMPARTIR