O Timón e o Pasaje acollen mañá a segunda sesión dos Cantos de Taberna

56

Os bares Timón e Pasaje acollerán mañá pola noitiña, a segunda sesión dos Cantos de Taberna, que estarán amenizados polo grupo Os novos diplomáticos do acordeón. É un grupo que se formou no ano 2010, en Focarei, integrado por tres excompoñentes dos Diplomáticos do acordeón, e outros catro músicos máis.
Os Cantos de Taberna comezarán ás 21.00 horas e prolongaranse até as 00.00 horas.
Esta actividade organizada pola Concellaría de Festas, que xestiona Carme da Silva, celébrase cada último venres de mes, polo que ademais deste venres, está previsto dúas sesións máis:
• 30 de maio
• 27 de xuño
Ademais, a Concellaría prevé deslocalizar a programación de Cantos de Taberna e levalos aos barrios. De feito, a primeira destas actuacións será no barrio da Parda.