A carreira da lingua chega o luns a Pontevedra da man de 1.200 escolares

58

Pontevedra é a cidade na que arrancará a carreira pola lingua “Correlingua” en toda Galiza. O vindeiro luns, 5 de abril, as rúas do centro histórico quedarán expeditas para acoller a uns 1.200 escolares do concello e da súa comarca na defensa da lingua.
A carreira foi presentada esta mañá polos organizadores (Mesa pola Normalización Lingüística e AS-PG) e polo Concello de Pontevedra que colabora na actividade.
Segundo o calendario previsto para este ano 2014, o Correlingua contará cuns 1.200 participantes, entre escolares de 4 a 17 anos (de Ensino Infantil, Secundario e Bacharelato) e os seus profesores/as dos seguintes centros:

• CEP Marcos da Portela
• CEE Príncipe Felipe
• CEIP San Martiño
• CEIP Parada Campañó
• CEIP Sto. André de Xeve
• CEIP A Xunqueira I
• CEIP Manuel Vidal Portela
• IES Ponte Caldelas
• IES de Poio
• IES As Bizocas O Grove
• CEIP Enrique Barreiro Cambados
• CEIP Espedregada
• CEIP Plurilingüe de Chancelas de Poio
• CEIP Isidora Riestra de Poio

  Para todo o acto contaremos coa colaboración da Policía Local e de Protección Civil, como todos os anos, así como cun reforzo na limpeza debido ao grande número de persoas que vai participar.

O programa de actos do Correlingua
• 10.30 h: chegada dos centros participantes á Praza da Ferraría e benvida
• 10.45 h: saída das dúas carreiras:
O percorrido longo da carreira (para primaria, ESO e bacharelato) prevese que sexa o seguinte: saída da praza da Ferraría, rúa San Román, rúa Padre Sarmiento, rúa Gregorio Fernández, praza da Pedreira, rúa Serra, rúa San Xulián, praza de Méndez Nuñez, rúa de Don Gonzalo, praza de Curros Enríquez, rúa Real, rúa da Ponte, rúa San Nicolás, praza das Cinco Rúas, rúa Paio Gómez Chariño, rúa da Bastida, rúa Michelena, Porta de Trabancas, praza da Ferraría.

O percorrido curto (para infantil), prevese que sexa o seguinte: praza da Ferraría, rúa San Román, rúa Sarmiento, praza de Méndez Nuñez, rúa Isabel II, praza das Cinco Rúas, rúa Paio Gómez Chariño, rúa da Bastida, rúa Michelena, Porta de Trabancas, e praza da Ferraría.
• 11.20 h: festa final, presentada por Isabel Risco:
– Lectura do Manifesto
– Actuación do grupo gañador do Cantalingua: Superoito
– Saúdo de Demetrio Gómez, concelleiro de NL do Concello de Pontevedra
– Entrega de agasallos
– Solta de globos