A praza de Ourense, novo espazo expositivo do Concello durante o verán

74

A praza de Ourense acollerá dende este tarde unha sucesións de exposicións, promovidas dende o Concello, que pretenden conmemorar datas ou anualidades específicas de referencia. As exposicións foron presentadas esta mañá pola concelleira de Cultura, Anxos Riveiro que destacou que “as persoas relacionadas con esas actividades, normalmente moi específicas e con públicos moi determinados, detectaban a necesidade de comunicarse co gran público, polo que se creou este espazo no centro da cidade, no que o mesmo soporte físico irá cambiando de contidos durante todo o verán, ata exhibir 7 argumentos distintos”. 
• Este espazo expositivo ábrese con “15 anos de Noites Abertas”, exposición básicamente fotográfica sobre esta actividade municipal, coa que se inaugura o espazo dos cubos da Ferraría. Conta con pequenas frases que fan referencia á filosofía do evento anual, polo que pasaron 65.414 persoas, 1.255 monitores e unhas 360 asociacións. Fóron en total 430 actos en 277 fins de semana durante estes 15 anos. A produción corre a cargo dos servizos municipais. 
• Chamadeiros. Toponimia do Concello Exposición sobre o traballo que a Concellería de Normalización Lingüística está levando a cabo para a recuperación do patrimonio toponímico do concello, moi descoñecido polo conxunto da cidadanía. Coñecer e sensibilizarmos sobre este enorme potencial lingüístico que se está a recuperar e poñer en valor é o obxectivo da exposición. A produción é igualmente dos servizos municipais, xunto cos técnicos que están a realizar o traballo profesional. 
• Orgullo LGTBI. Visibilidade de xénero e das opcións sexuais. Exposición artística e social sobre a cuestión das opcións sexuais, coincidindo co que viña sendo a tradicional celebración do Orgullo Gai, hoxe trascendido cara á visibilidade e a libertade de opción sexual. Realizada en colaboración con colectivos sociais e enmarcada noutras celebracións que terán lugar sobre todo a fin de semana do 20 de xuño. 
• 110 anos da Banda de Música de Pontevedra. Un repaso pola historia desta centenaria agrupación musical tan aprezada polos amantes da música culta e popular. Realizada por servizos municipais en colaboración coa Banda de Música e comisariada pola musicóloga Nuria Barros. 
• Rock en Pontevedra. Os 5 anos de actividade do Local de Música deron lugar a unha intensa actividade xenerada en torno ao rock e a música moza na cidade. O que comezou sendo unha simple sala de ensaio para novos grupos musicais, foi converténdose nun centro cultural moi activo en torno ao rock e as novas músicas. Esta é unha exposición producida en colaboración con este centro, sobre as novas músicas de Pontevedra. 
• 25 anos do Centro Comercial Urbano Zona Monumental. Enmarcada na conmemoración deste aniversario, a exposición realizará un repaso polas máis destacadas e importantes accións que esta entidade empresarial tan implicada na vida urbana levou a cabo durante estes 25 anos. En colaboración co CCUZM. 
• Historia da Ferraría. Unha gran exposición comisariada polo arquiveiro municipal, Enrique Sotelo, sobre a evolución urbanística da máis significativa praza da cidade, que será realizada despois da Feira Franca, para que coincida co inicio do vindeiro curso escolar e poida ser utilizada como elemento pedagóxico.  

O ESPAZO FÍSICO 
O proxecto consiste en realizar varias exposicións entre os meses de maio e outubro aproveitando como soportes físicos un determinado número de cubos de madeira, de 1 m3 (1 x 1 x 1 m), que servirán de soporte ás diferentes exposicións. 
Ademáis de modificar as temáticas, irá modificándose tamén a disposición dos cubos. 
Cada exposición será deseñada cun cromatismo particular, para chamar a atención sobre o cambio de temática. Tamén pode personalizarse con algún elemento especial que a identifique.
Cinco bandeirolas anunciarán as exposicións en varias zonas de acceso ao centro.     

CALENDARIO XERAL DAS EXPOSICIÓNS  

• 15 anos Noites Abertas: 29 abr – 15 maio
• Toponimia: 17 maio -17 xuño
• Orgullo: 19 xuño – 7 xullo
• Banda de Música: 9 – 25 xullo
• 5 anos Local de Música: 27 xullo – 12 Agosto
• 25 anos Zona Monumental: 14 ago – 3 set
• Historia da Ferraría: 10 setembro