Seis novos cursos de formación na Casazul

73

A Concellería de Benestar Social Municipal, a través da programación da Casazul, abre o prazo de inscrición nos días 7, 8 e 9 de maio no Rexistro Xeral do Concello ou ben por fax 886212843 para os seguintes cursos:

• TABLETS, IPODS E OUTROS APARELLOS DE HOXE dirixido a veciños e veciñas da terceira idade. Levarase a cabo o o martes 13, 20 e 22 de maio de 11.30 a 13.00 horas na Sala Rons da Casazul. Compre encher a ficha de inscrición xunto co documento de identidade e nota xustificativa de padrón. A cuota de participación é de balde.
• HABILIDADES SOCIAIS, dirixido a poboación xeral. Levarase a cabo todos os martes do 3  ao 17 de xuño, na Sala Liñares da Casazul en horario de 11.00 a 13.00. Compre entregar ficha de inscrición xunto co documento de identidade e nota xustificativa de padrón. A cuota de participación é de balde. Terase en conta a situación laboral e persoal dos/as interesados/as polo que poden aportar documentación como tarxeta de demandante de emprego, prestación social, usuaria do CIM, usuario de Benestar Social Municipal, menores a cargo ou ter algún tipo de discapacidade.
• CREA O TEU BLOG dirixido a poboación xeral. Levarase a cabo o luns e mércores, do 9 ao 18 de xuño de 11.30 a 13.00 horas na Sala Rons da Casazul. Compre entregar ficha de inscrición xunto co documento de identidade e nota xustificativa de padrón. A cuota de participación é de balde. Terase en conta a situación laboral e persoal dos/as interesados/as polo que poden aportar documentación como tarxeta de demandante de emprego, prestación social , usuaria do CIM, usuario de Benestar Social Municipal, menores a cargo ou ter algún tipo de discapacidade.
• PICASA dirixido a poboación xeral. Levarase a cabo o luns e mércores, do 26 de maio ao 4 de xuño de 11.30 a 13.00 na Sala Rons da Casazul. Compre entregar ficha de inscrición xunto co documento de identidade e nota xustificativa de padrón. A cuota de participación é de balde. Terase en conta a situación laboral e persoal dos/as interesados/as polo que poden aportar documentación como tarxeta de demandante de emprego, prestación social , usuaria do CIM, usuario de Benestar Social Municipal, menores a cargo ou ter algún tipo de discapacidade.
• LINGUA DE SIGNOS PARA ATENCIÓN Ó PÚBLICO dirixido a traballadores e traballadoras en activo que desempeñen  tarefas de atención ó público. Levarase a cabo o luns, martes e xoves, do 15 de maio ao 30 de xuño de 20.30 a 22.00 na Sala Liñares da Casazul. Compre entregar ficha de inscrición xunto co documento de identidade, nota xustificativa de padrón e documentación que xustifique que está en activo e que realiza tarefas de atención ó público diariamente. A cuota de participación é de balde.
• MANIPULADOR DE ALIMENTOS dirixido a poboación xeral. Levarase a cabo o mércores 28 de maio de 17.00 a 20.00 na Sala Valdecorvos da Casazul. Compre entregar ficha de inscrición xunto co documento de identidade e nota xustificativa de padrón. A cuota de participación é de balde. Terase en conta a situación laboral e persoal dos/as interesados/as polo que poden aportar documentación como tarxeta de demandante de emprego, prestación social , usuaria do CIM, usuario de Benestar Social Municipal, menores a cargo ou discapacidade.

Máis información en 986 80 43 00 ext 7451/7454 ou en casazul@pontevedra.eu