Muller convoca premios de fin de master e de grao para proxectos con persectiva de xénero

82

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a convocatoria do Consello da Muller do Concello de Pontevedra da I edición dos premios para a incorporación da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster para os alumnos do campus de Pontevedra.
A convocatoria ten como obxectivo fomentar a igualdade de xénero no sector educativo, impulsar a sensibilización dos máis novos e a inclusión da sociedade para ataxar as desigualdades de xénero.
Poden participar todos aqueles alumnos interesados que estudien en calquera facultade ou escola universitaria que a Universidade de Vigo ten no campus de Pontevedra, e defendesen o seu traballo de fin de grao ou master no curso 2013-2014.
Haberá tres premios repartidos en dúas categorías, un premio cun importe de 2.000 euros para o mellor traballo de fin de grao, e dous premios para a categoría de traballos de fin de máster, de mil euros cada un.
Serán elixidos aqueles traballos que mellor incorporen a perspectiva de xénero e a sua facilidade de implementación na práctica. O xurado estará integrado por membros do Concello, a directora do CIM e membros da comunidade educativa.
As solicitudes poden presentarse nas oficinas do Rexistro do Concello até o 15 de xullo.

Ver documento PDF