O Concello habilita 40.000 euros para subvencións de Cultura neste ano

46

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP) publica esta mañá as bases para a concesión de subvencións de Cultura (en réxime de libre concorrencia) para fomentar actividades culturais promovidas por personas físicas ou xurídicas, asociacións e entidades sen ánimo de lucro que poidan ser consideradas de interese social.
A convocatoria ten por obxecto fomentar actividades ou programas de interese cultural que se desenvolvan dende o 1 de xaneiro até o 31 de agosto.
O orzamento ascende a 40.000 Euros e estará suxeita á Ordenanza xeral de subvencións, en réxime de concorrancia competitiva.
Poden optar ás subvencións todas aquelas personas físicas ou xurídicas, asociacións e entidades sen ánimo de lucro que realicen as súas actividades ou programas culturais no ámbito territorial do municipio.
Os interesados poden presentar as súas solicitudes dende mañá e durante 15 días.
O Boletín Oficial da Provincia recolle toda a información necesaria (bases, requisitos, criterios de valoración, plazos de presentación…) para concurrir a estas subvencións.

Ver documento PDF

COMPARTIR