O Concello colabora con Alba no mantemento dos seus pisos de acollida

85

O Concello de Pontevedra asinou esta mañá o convenio de colaboración anual coa Asociación de parálise cerebral Alba para contribuir ao mantemento dos pisos de acollida que a asociación ofrece aos seus asociados. Son catro pisos nos que residen unhas 20 persoas (segundo a época do ano).

O alcalde agradeceulle a Alba o seu traballo, xa que "o ideal sería que esta poboación fose atendida integramente pola administración sanitarias, pero ante esta ausencia Alba desenvolve un traballo espectacular".

A colaboración do Concello son 13.000 euros. O convenio é por dous anos, prorrogable por outros dous.