Un estudo revela que o 94% dos pontevedreses consideran “aceptable” a auga da traída

48

O 94% dos pontevedres que reciben “auga da traída” consideran que a súa calidade é aceptable ou satisfactoria, e o 57% recoñece que consume habitualmente auga do grifo (dos cales, o 16% consúmenna filtrada). Estes datos extráense do último estudo realizado pola empresa concesionaria de xestión de auga potábel de Pontevedra, Aquagest, en relación á calidade do servizo que presta ao cidadán. Dentro deste estudo, moi centrado no trato da empresa co usuario, hai unha parte que profundiza nos habitos de consumo da auga dos pontevedreses, e tamén nas características organolépticas da auga de Pontevedra.
Este estudo realízase no marco da concesión a Aquagest, e a Pontevedra da ISO 22000 de certificación alimentaria pola inocuidade da auga, e dos alimentos, entregada o pasado novembro de 2012 ao Concello pola empresa acreditadora TÜVRheinland. Un dos requisitos para seguir mantendo este sinal de calidade (da auga, neste caso), é realizar este estudo cos parámetros de calidade da auga, segundo os consumidores.

103 enquisas telefónicas

Para facer o estudo realizáronse 103 enquisas telefónicas a particulares maiores de 18 anos entre xullo e novembro de 2013. Os rangos de valoración ían do 0-4 insatisfactoria, 5-7 aceptable, e o 8-10 satisfactorio.
Segundo estes resultaos o 47% dos pontevedreses considera satisfactoria a calidade da auga, o 47% aceptable e o 4% insatisfactoria.
Sobre o sabor da auga, o 47% consideranna satisfactoria; o 38% aceptable, e o 7% insatisfactoria.
Sobre a cor da auga os resultados foron: 62% satisfactoria; 32% aceptable; e 5% insatisfactoria.
Por último, sobre o olor da auga o resultado foi: 46% satisfactoria; 49% aceptable, e 4% insatisfactoria.

Calidade no servizo

Ao respecto do servizo as preguntas foron sobre:
• A continuidade do suministro: 84% satisfactorio; 17% aceptable.
• A presión da auga: 74% satisfactoria; 23% aceptable
• Facilidade para contactar coa compañía: 47% satisfactoria, 42% aceptable e 11% insatisfactoria
• Atención recibida: 58% satisfactoria; 37% aceptable e 7% insatisfactoria.
Tamén se valoraba o prezo. O 12% considéranno satisfactorio; o 55% aceptable e o 30% inaceptable.

Hábitos de consumo dos pontevedreses

Sobre os hábitos de consumo dos pontevedreses a enquisa revela que
• O 41% beben auga do grifo
• 32% beben auga envasada
• 16% beben auga do grifo filtrada
• 10% beben outro tipo de augas
Sobre os que beben auga filtrada do grifo, preguntóuselles que tipo de aparato empregan para filtrala. O resultado foi:
• 19% con aparato de filtro
• 75% con xerra portátil
• 6% con outros dispositivos.

Medidas de reducción do consumo

A enquisa tamén preguntou aos consumidores sobre si aplican algunha medida para reducir o consumo da auga. O resultado foi o seguinte:
• 13% empregan a máxima carga en lavadora e fregalouzas
• 5% empregan o boton de ½ de descarga no wc
• 9% empregan mecanismos aforradores como reductores de caudal, aireadores…
• 19% dúchase en lugar de baño
• 28% fan un uso eficiente da auga (afeitado, lavado de mans, dentes…)
• 3% reutilízanna para outros usos.
• 1% emprega outras medidas
• 22% non emprega ningunha medida

Tamén cabe salientar as suxestións que fan os pontevedreses para mellorar o servizo da traída de augas. Entre as súas propostas están:

• 22% reducir o prezo do servizo
• 9% mellorar o sabor; a calidade, as instalacións (filtros, tuberías, cañerías), máis profesionalidade na atención telefónica, mellor comunicación entre compañía e cliente.
• 4% reducir o cloro da auga; máis caliridade na factura; pagar só por litros consumidos; avisar antes do corte do suministro; máis rapidez á hora de atender as averías; mellorar o servizo en xeral (xestións, trámites, pagos…), informar de novos proxectos, outras melloras.

 


Para o Concello de Pontevedra esta enquisa serve para coñecer a opinión xeral dos usuarios, reforzar aqueles puntos febles do servizo así como para seguir na boa dirección no caso dos supostos máis favorables ao servizo.
A concellaría responsábel do Ciclo da auga, xestionada po Raimundo González traballa co obxectivo de ofrecer unha auga de alta calidade para o consumo, así como un servizo o máis eficiente posíbel, de aí o interese en seguir mantendo a acreditación internacional conseguida en novembro de 2012: a ISO 22000.