Boavila Pride

99

A Concellaría de Festas presentou esta mañá o programa Boavila Pride, organizado pola entidade Ponte Visible, dedicada á promoción da visibilidade LGTB  (Lesbi, gai, transexual e bisexual), que se celebrará na cidade entre o 19 e o 22 deste mes. Con esta programación quíxose superar o esquema da convocatoria dirixida exclusivamente ás persoas  LGTB e programar unha festa para todos e todas, na que se respire normalidade,  sobre a idea de cada un é o único dono da súa vida sexual e afectiva, e a  sociedade debe ir superando vellos tópicos que impiden o desenvolvemento persoal  en liberdade.
Para iso, a festa é un magnífico motor, se ben non todo será festa. Esta programación supuxo un salto cualitativo e unha aposta forte por crear un  produto que non só se dirixa aos pontevedreses, senón que serva de atractivo  para que outras persoas visiten Pontevedra para asistir a estas festas.
Ponte Visible que levan meses traballando arreo nesta programación, falando con diversos axentes e  empresas da cidade para que se vencellen a unha oportunidade que aporta  atractivo a Pontevedra.
Preparouse un evento no que se integraron o maior número de produtos que pode  ofrecer Pontevedra, non só aos cidadáns de aquí, senón tamén aos que veñan de  fóra, xa que algúns acontecementos están pensados en clave de atraer xente  doutras cidades de Galiza.
Integraron básicamente aos gremios relacionados co ocio, como os hoteleiros, a  hostelaría nocturna (copas) e a diurna (restaurantes, tapas), e nos kits promocionais ofrécense desde accesos a hoteis ate bonos para menús especiais e  conxuntos de tapa bebida (que se chama Gastroboa).
En conxunto, sumáronse 20 establecementos e a totalidade dos hoteis que forman  parte da Asociación de Hoteis da cidade. Entre os eventos destacan a festa “Que trabaje Rita”, con 17 artistas entre  drags e djs, un producto de grandísimo éxito nas principais cidades do Estado,  que virá a Carabás o venres 20.
O sábado haberá no Teucro unha festa coas Fellini e As Supremas. As Fellini  son dúas transformistas vascas, Yogurinha Boroba e Nagore Gore, que ofrecen un espectáculo divertidísimo. E Supremas xa estiveron,  con gran éxito hai uns anos, e son a aportación galega ao orgullo deste ano.  É gratuíta e aberta 
Outra das novidades é un cruceiro pola ría, durante a xornada do sábado, aínda que ten capacidade limitada de pasaxeiros, será unha festa con Dj,s,  mexilónsada, viño e cócteles, con parada nunha cala se o tempo o permite e  música toda a tarde.
Tamén novidade é a romería urbana do Campiño de Santa María o domingo á mañá,  así como as festas temáticas de ambiente bear (osos), no Karma, e lésbico, no  fifty, ambalasdúas o sábado despois da festa do Teucro.
No capítulo cultural e reivindicativo hai que mentar a exposición que se prepara para os cubos da Ferraría. O seu contido divídese en tres temáticas:  unha convocatoria artística sobre temática LGTB; un apartado dirixido á  actualidade legal despois da aprobación polo Parlamento Galego da Lei de  Visibilidade e non Discriminación; e un capítulo relativo á educación infantil,  con materiais de OQO editora.
Servirá para inaugurar as xornadas o xoves día 19, e permanecerá instalada ata o día 7 de xullo, que comezará a montarse a  relacionada co 110 aniversario da Banda de Música. 
Tamén se produciu un video e unha web, que axiña entrará en funcionamento. O  spot, do que é autor Jairo Moreno, fíxose íntegramente en Pontevedra, servirá  sobre todo para animar a convocatoria nas redes sociais

Ver documento PDF

COMPARTIR