A Banda Xuvenil de Salcedo actúa o sábado na praza de Europa de Monte Porreiro

72

A praza de Europa do barrio de Monte Porreiro acolle este sábado, 21 de xuño, un concerto da Banda Xuvenil de Salcedo. O concerto, no que colabora a Concellaría de Cultura, será a partir das 20.30 horas.
A Banda Xuvenil de Salcedo interpretará pezas de rock, de bandas sonoras de cine ou música tradional, entre outras.

COMPARTIR