Cuarta edición de Pontepoética no Pazo da Cultura

103

Pontevedra acollerá os vindeiros 27, 28 e 29 de xuño a cuarta edición de Pontepoética que traerá á cidade do Lérez oito poetas de todas as linguas da península. A Concellaría de Cultura e o Ateneo de Pontevedra colaboran, un ano máis, para ofrecer o mellor festival de poesía de Galicia da man de Ana Luísa Amaral, Anxo Angueira, Elvira Riveiro Tobío, Xavier Rodríguez Baixeras, Àngels Gregori, íñigo Astiz, Ledicia Costas e Benjamín Prado.

Entre as novidades de Pontepoética deste ano está levar parte da programación ao Pazo da Cultura e tamén á rúa coa colaboración de oito librerías da cidade que xa dispoñen no seu escaparate de poesías en distintos idiomas, así como de publicacións dos poetas que este ano forman o cartel de Pontepoética.

O programa comeza o día 27 ás 17.30 horas no salón de actos do Pazo da Cultura coa inauguración a cargo de Ana Luisa Amaral e Àngels Gregori, e conducido por Yolanda Castaño. Ás 19.00 horas haberá un recital dos poetas: Ledicia Costas, Íñigo Astiz, Elviera Riveiro Tobío, Anxo Angueira. Ás 22.30 horas no Bar Lady Camiña espectáculo que combina poesía, música, vídeo e performance "Balada do peep-show" de Elvira Riveiro e Carina Posse.

O sábado, 28 de xuño o programa é o seguinte:

  • 11.00 horas. Pazo da Cultura. Obradoro de Poesía con Xavier Rodríguez Baixeras.
  • 17.30 horas. Teatro Principal. Recital de Àngels Gregori, Xavier Rodríguez Baixeras, Ana Luisa Amaral e Benjamín Prado.
  • 19.00 horas. Principal. Recital final de todos os poetas.

O domingo, 29 de xuño haberá un Obradoiro de narrativa a cargo de Benjamín Prado. Ás 11.00 horas no Pazo da Cultura.