Pontevedra, unha cidade segura

72

O Concello de Pontevedra e a Subdelegación do Goberno celebraron esta mañá a Xunta Local de Seguridade que concluíu que "Pontevedra é unha cidade segura como o reflexa que o seu índice de delitos está nun 33.78%, moi por baixo da media estatal fixada nun 46,10%", segundo explicou o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, logo da reunión á que asistiron os responsables de ambas institucións, así como das policías local, nacional e autonómica.

Unha clara mostra de que Pontevedra é unha cidade segura "é que durante a fin de semana do Mundial do Duatlón só se denunciou a desaparición dunha mochila", concluía o rexedor municipal.