XIX Festa da Anguía o 5 e 6 de xullo

59

O campo da festa da Xunqueira, en Ponte Sampaio, acollerá os vindeiros 5 e 6 de xullo a XIX Festa da Anguía na que se repartirán 800 kilos de anguía cociñada en empanada, escabeche, frita ou guisada. 

A festa comezará o día 5, ás 20.00 horas coa inauguración da exposición dos traballos de redacción e debuxo dos alumnos do colexio da Xunqueira de Ponte Sampaio, así como pola actuación dos grupos da asociación cultural Beira do Río. Ás 21.00 horas está prevista o comezo da degustación da anguía, e ás 22.00 horas a verbena amenizada polo grupo Formas.

O domingo, 6 de xullo, ábrese a degustación ás 10.00 horas e  ás 13.00 horas haberá a tradicional homenaxe aos mariñeiros xubilados e a imposición da anguía de ouro á Asociación pola defensa da ría de Vigo "Cies".