Xornada de portas abertas do Secretariado xitano animando aos mozos a rematar a Secundaria

68

A Concellaría de Benestar Social Municipal e a Fundación Secretariado Xitano de Pontevedra celebrará este venres, 27 de xuño, unha xornada de portas abertas baixo o lema “Ven, é moito que nos une” para celebrar e agrader a confianza a cada unha das persoas e entidades que colaboran e participan coa fundación.
Esta xornada celebrarase no Centro Cultural de Monte Porreiro, a partir das 11 horas, clausurando o curso escolar 2013/14 e presentando a campaña de educación “Asómate aos teus soños, con estudos os teus soños cúmprense”.
A campaña de sensibilización ten por obxectivo concienciar aos alumnos xitanos e as súas familias sobre a necesidade de que finalicen a Educación Secundaria para que poidan elixir o que queiran ser nun futuro, para que non se conformen e loiten porque os seus soños persoais e profesionais se cumpran.
A campaña arrancou en setembro pasado cun casting para xóvenes xitanos ó que se presentaron 300 rapaces e rapazas de toda España, destes seleccionáronse a 40 que tiveron a oportunidade de descubrir durante un día como é a profesión ca que soñan grazas á implicación de dez grandes empresas. Contaremos ca testemuña dunha das seleccionadas que é de Pontevedra.
O programa Promociona dirixido a alumnos/as que se esforzan e queren finalizar os seus estudos con éxito, ten como obxectivo apoiar, reforzar e garantir a transición de Primaria a Secundaria e a finalización dos estudios obrigatorios, así como a continuidade en etapas postobrigatorias.
Dito programa de educación co que colabora Benestar Social do Concello de Pontevedra xunto co programa de Seguimento escolar e compensación educativa externa, contribuirán a que cada vez máis xóvenes xitanos poidan terminar a Secundaria e continuar formándose. Contar coa colaboración dos centros educativos e por suposto o compromiso das familias para que continúen apostando pola educación dos seus fillos e fillas é fundamental para o éxito do programa Promociona.
A xornada de portas abertas terá a seguinte programación:
• 11.00 horas Inauguración.
• 11.15 horas Fundación Secretariado Galego Pontevedra, vídeo-presentación en materia de emprego e educación. Entrega de diplomas do curso de monitor/a de comedores escolares.
• 11.30 horas. Presentación da campaña de educación e do Promociona, traxectoria e resultados (novo convenio do Concello de Pontevedra).
o Carteis
o Fotos
o Vídeo campaña
o Mentoring 2013 e Encontro Estatal de Estudantes
• 12.00 horas. Alumna Promociona que participou no Mentoring e Encontro de estudantes en Madrid, acompañada pola súa nai, e a orientadora do IES e do colexio onde estudo Educación Primaria, comentando a súa experiencia.
• 12.30 horas. Entrega de diplomas e camisetas da campaña de educación aos participantes do programa Promociona e de Reforzo Escolar.
• 13.00 horas. Actuación do grupo Black Box Project, con mensaxe de ánimo e apoio aos estudantes.
• 13.30 horas. Photocall de todos os alumnos e despedida da xornada con un pincho.

 

COMPARTIR