Máis de 150.000 persoas pasaron polo Pazo neste curso

88

O periodo de maior actividade do Pazo da Cultura, que coincide co curso lectivo, chega estes días ao seu fin, deixando atrás 9 meses de actividade frenética tanto programada polo propio organismo coma por outras empresas, entidades ou asociacións que escolleron os nosos espazos (Pazo, Teatro, Recinto e Illa) para celebrar os seus eventos, acadando cifras de participación que superan ás 150.000 persoas.
Durante o verán, terán lugar eventos puntuais pero a actividade reanudarase de xeito continuado cara finais de setembro.

Faiponting, celebrado o 6 de outubro, congregou centos de persoas (e as súas mascotas) no complexo Pazo da Cultura – Illa do Covo e abríu a tempada de programación do derradeiro trimestre do ano 2013. Comezaron tamén no mes de outubro o xa consolidado ciclo Concertos en Familia e a primeira edición de Ponteatro, que terá continuidade este ano.
O primeiro deles, destinado a público infantil e familiar contou con 3 espectáculos diferentes: Cyrano, da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, Cirque d´amore con pase familiar e concertado con escolares e 3 sesións de CONCERTOS PARA BEBÉS, de Paulo Lameiro. Ponteatro foi o nome baixo o que se aglutinaron 7 espectáculos teatrais entre o 17 de outubro e o 19 de decembro. Algúns deles coma “O método Grönholm”, “O home almofada” e “Anxeliños”, contaron tamén con pase concertados con escolares de ensino secundario e bacharelato.

A música foi da man de Sés o 9 de novembro no Teatro Principal e dun Iván Ferreiro que encheu o auditorio do Pazo da Cultura o 16 do mesmo més.
En decembro, celebráronse por primeira vez os Premios Galegos da Música no Auditorio do Pazo da Cultura, que terán continuidade este ano.
Música e danza forón da man no exitoso concerto de Aninovo que se puido celebrar sen problemas tras a cancelación uns días antes do ballet “Serán Clásico” por mor dos danos na cuberta do Pazo ocasionados pola cicloxénese. Ambas actividades formaban parte de PonteClásica

No apartado de feiras e congresos, tiveron lugar citas tan importantes e consolidadas coma Ponteemprego 2013, Ponte a punto, a pasarela DEBUT 2013, Nadalocio e, como non, Culturgal que xa ten marcadas as datas para a edición 2014. Galicia Look and Fashión e Expolook Galicia, celebráronse por primeira vez e está previsto que repitan o último trimestre do ano.

A Sala de Exposicións acolleu un ano máis “Na beira do Río. Diálogos na pintura”, esta vez de Eduardo Dios e Pancho Rodiño. O Outono Fotogáfico de Juan Adrio, e as mostras “20 anos do Camiño Portugués” e “Terra e Papel” de Fonso Catro, homenaxeando a Rosalía, completaron a oferta de actividades iniciadas antes de rematar o 2013.
´
O 2014 comezaba cun dos ciclos máis consolidados da nosa programación: “Domingos do Principal” que tivo lugar entre xaneiro e marzo e estivo composto por 7 espectáculos infantís, dos que puideron gozar nun ambiente familiar nos dous pases diarios de todos os espectáculos, e, no caso de “Xango” e “Aurora”, como actividade concertada con centros escolares.

As feiras “Sí, quero”, “Stock Pontevedra” e “Edugal” e o Festival Internacional da Lusofonía “Cantos na Maré”, deron paso a mediados de febrero ao primeiro dos concertos do ciclo Imperdibles. Ana Moura, Fanfarlo, Vetusta Morla e Ely Paperboy actuaron no Teatro Principal e Pazo da Cultura entre febreiro e maio e colgaron o cartel de “Non hai entradas” en máis dunha ocasión.
En febreiro tivo lugar tamén o Clube de Debate e botou a andar o Ciclo de Butaca da Banda de Música de Pontevedra, que se extendeu ata xuño.

Do 14 de marzo ao 5 de abril, celebrouse o XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil “Cociñando Contos” que programou máis de 130 actividades, maioritariamente gratuítas nos diferentes espazos do Pazo e tamén no Teatro. Concertos de diferentes agrupacións locais, teatro para nenos e maiores, actividades para bebés e obradoiros para todos os públicos congregaron en apenas 3 semanas preto de 30.000 visitantes de toda Galicia.

A “normalidade” voltou ao Pazo a mediados de abril con “Ultranoite no Pais dos Ananos” de Chévere e a presentación do ciclo Pontevedra Escénica que se extendeu entre maio e xuño con pezas de danza, teatro, humor e musicais no Pazo e Teatro.
Entre abril e xuño, a Sala de Exposicións estivo ocupada pola mostra colectiva “Corpo. Miran o que non poden ver” ao tempo que todos os espazos do Pazo acollían “Século XX en bicicleta”.

O recinto feiral acolleu nestes últimos meses a IX Concentración de Palilleiras. O “Ben veñas Maio” escollía o Pazo e actividades como a “Semana Galega da Filosofía”, Jazz no Principal e “Sete Falares” tiveron lugar no Teatro, no que se celebrará durantes esta fin de semana PontePoética 4.
O 14 de xuño, tivo lugar na IIla do Covo una segunda edición do festival Surfing the Lérez, tan agardada e secundada como a primeira.

Nos últimos meses a actividade congresual  no cesou nas nosas instalacións, acollendo o Congreso Internacional de Ciencias del Deporte e a Actividade Física Sportis, O congreso de Veterinarios, Xornadas de Xeotermia, Congreso de Xeriatría e Xerontoloxía, ou a feira de emprego Ponteemprego 2014. O Pazo foi tamén base de operacións do Campionato Mundial de Duathlon.

As nosas instalacións, son escenario de múltiples actuacións e concertos de agrupacións locais, tales coma a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, as Bandas de Música de Pontevedra e Salcedo, Oquestra de Cámara de Lira, Sociedade Filarmónica, diferentes corais, presentación de discos coma foi o caso de “En el coche” de Gustavo Almeida, proxeccións documentais e festivais escolares, do mesmo xeito que os nosos seminarios acollen semanalmente cursos e reunións de diferente natureza.

Agardamos pois seguir prestando este servizo como espazo e especialmente como promotores de cultura na nosa cidade, que, pese a ser pequena, conta cunha programación amplísima e un público fiel e constante dende idades moi temperás.

Nos próximos meses, a actividade cultural da cidade terá lugar maioritariamente nas prazas e rúas da nosa cidade para reanudarse cara finais de setembro no Pazo, Teatro, Recinto e Illa. Unha nova edición de Faipontig, Culturgal, os ciclos Ponteatro e Imperdibles, Concertos en Familia, etc están por chegar.