Exeria, unha viaxe de Occidente a Oriente

97

A Concellaría de Cultura e a Asociación Sociopedagóxica Galega presentaron esta mañá o libro Exeria, nos límites do Mundo, un proxecto editorial que retoma a Asociación no marco das Xornadas da muller que organiza cada ano. O obxectivo desta publicación, que pretende ter continuidade no tempo, é retomar personaxes esquecidos pola historia, e tratar de trasladar as súas vivencias ao público adolescente de xeito divulgativo.

O libro ten por personaxe a Exeria unha muller que viaxou dende as costas de occidente, tal vez dende o espazo xeográfico da actual Galiza ou da Bretaña, cara Exipto seguindo os pasos da Biblia, para cotexar se eses lugares que relatan os libros sagrados correspondíanse coa realidade.

O libro é de Arturo Iglesias e está ilustrado por Xosé Tomás.