Nace a Asociación audiovisual de Galicia

95

Hoxe deuse a coñecer a nova Asociación Audiovisual de Galicia que fará a súa presentación oficial aos pontevedreses o vindeiro luns, 7 de xullo, ás 21.00 horas no Teatro Principal nunha gala aberta ao todo o público no que se  proxectarán "Género" escrito e dirixido por Diego Dojer; "Como lo haces", a última videoclip de Quatro D Abril; e "Vralia", promo de espectáculo de ilusionismo.

Os seus integrantes explicaron hoxe na presentación da asociación ante os medios de comunicación que o seu obxectivo é promover o audiovisual galego, crear unha base de datos para unha colaboración interna; promover a cidade de Pontevedra como plató; e fomentar a creación de eventos e espectáculos audiovisuais.

A Concellaría de Cultura apoia esta nova asociación que leva máis dun ano traballando.

COMPARTIR