A Feira de artesanía e deseño Chalana inaugúrase este xoves

87

A Concellaría de Festas e a Asociación de Deseño Atlántico presentaron esta mañá a VII edición da Feira de artesanía e deseño "Chalana", que se inaugurará o vindeiro 17 de xullo ás 12.30 horas no paseo Odriozola.

Nesta edición participarán 16 artesáns de distintos productos como coiro, cerámica, metal, téxtil, xoguetes, instrumentos musicais. A mostra estará aberta de 11 a 14 horas e de 19 a 23 horas.

Os organizadores de Chalana destacaron tanto a fidelidade dos compradores habituais que xa ten a feira, así como a importancia asistencia de turistas que dan moito valor á producción artesán da cidade.

COMPARTIR