Kiko Dasilva, pregoeiro das Festas da Peregrina

101

As festas da Peregrina terán este ano ao debuxante Kiko Dasilva como pregoeiro. Foi presentado esta mañá pola concelleira de Festas, Carme da Silva quen explicou que era unha honra para Pontevedra ter un pregoeiro como Kiko, especialmente no ano en que recibiu o premio Castelao da Deputación da Coruña. Escoller a Kiko Dasilva como pregoeiro supón, tamén, recoñecer o a importancia que a banda deseñada e a ilustración está a ter na cidade de Pontevedra, que comezou a despuntar da man de Kiko Dasilva.

A concelleira tamén destacou que o traballo de Kiko Dasilva serve para que Pontevedra sexa referente a nivel do Estado e internacional "e é xusto que Pontevedra teña con el o recoñecemento que se merece co seu traballo".

Pola súa banda, o debuxante destacou que dende os 18 anos que se viu a vivir a Pontevedra, sempre tivo claro que quería vivir na cidade do Lérez porque "é un lugar máxico", e ten todo o que el precisa: "unha oferta cultural brutal e unha cidade peonil, dado que eu non teño carné".

Ver documento PDF

COMPARTIR