Itineranta cumpre cinco anos

98

As rúas de Pontevedra acollerán entre o 5 e o 7 de agosto o V Festival internacional de animación de rúa "Itineranta" que foi presentado esta mañá pola concelleira de Festas, Carme da Silva que estivo acompañada por un membro do grupo Troula, coordinador do festival.

Carme da Silva explicou que Itineranta consolídase ano a ano, de feito este ano participan máis compañías que en anos anteriores. Serán 13: tres de Galiza, 2 catalanas, 2 Burgos, 1 Zaragoza e 1 Aveiro. Tamén serán máis os espectáculos Serán 13 nos que se combinará música, animación e escenografía.

O festival comezará ás 20.45 horas e o último espectáculo sairá ás 22.00 horas, e permite gozar de Itineranta ben seguíndoa polas principais rúas e prazas do centro histórico, ou ben agardando nun destes escenarios a que vaian pasando as distintas propostas de animación de rúa.

As actuacións deste ano son as seguintes:

Martes, 5 de agosto

  • Tiritirantes: Escuela de vuelo
  • Cal y Canto: A-ta-ka
  • Maniómicos: Sobre Rodas
  • Olodum do Coio: Batukada Afrobrasileña

Mércores, 6 de agosto

  • Tiriritantes: Retratarte
  • Always drinking marching band: La calle es nuestra I
  • Cal y Canto: Pepperland
  • Crassh: Crassh
  • K de Calle: Klimatolokos

Xoves, 7 de agosto

  • Always Drinking Marching Band: La calle es nuestra I
  • Brincadeira: La danza de la calle
  • K de calle: kaña
  • Troula: Funky Party.
COMPARTIR