O xeocentrismo e heliocentrismo, a estudo nas charlas sobre Astronomía no Gorgullón

105

O Local Social do Gorgullón acolle mañá a segunda charla sobre astronomía organizadas pola Concellaría de Festas en colaboración coa Asociación Sirio, e enmarcadas dentro da programación previa á celebración da Feira Franca.
"O xeocentrismo e o heliocentrismo: da Grecia Clásica á Galileo" impartirase de balde e con aforo ilimitado entre as 19.30 e as 21.00 horas.
As actividades que quedan pendentes son as seguintes:
• Charlas (aforo ilimitado)
o Unha maqueta do universo: relacións de tamaños no universo. Xoves 7 de agosto, de 19: 30 a 21h. Centro Cultural O Gorgullón.
o Que ven o corpo celeste! Os medos ao Universo descoñecido. Xoves 21 de agosto, de 19: 30 a 21h. Centro Cultural O Gorgullón.
• Obradoiros (15 persoas en cada obradoiro).
o Reloxos de sol. Sábado 2 de agosto, de 11:30 a 13:30h. Centro Cultural O Gorgullón.
o Instrumentos medievais de Astronomía e Navegación. Sábado 23 de agosto, de 11:30 a 13:30h. Centro Cultural O Gorgullón.
• Plantada de telescopios (aforo ilimitado)
o Venres 22 de agosto ou venres 29 de agosto na Praza de Pedreira (segundo a metereoloxía), ás 23:00h.
• Observacións guiadas no observatorio de Cotobade (tres grupos de 15 persoas cada un, en total 45 persoas). Sábado 23 ou sábado 30 de agosto ás 23:00h (segundo a metereoloxía).

COMPARTIR