O protagonismo dos nenos na Feira Franca

104

Os nenos terán un especial protagonismo na próxima Feira Franca, que se celebrará nas rúas do centro histórico da cidade esta fin de semana, o venres, 5 de setembro e o sábado, 6 de setembro. A Concellaría de Festas, en coordinación con distintas asociacións e entidades do concello teñen previsto organizar actividades infantís en distintos puntos do centro histórico.
Contacontos, xogos populares, atraccións, obradoiros creativos vinculados coa astronomía -a temática da próxima Feira Franca-, e até un campamento medieval son algunhas das ofertas das que poderán gozar os máis pequenos na xornada do sábado.
•  A praza da Verdura acollerá de 12.30 a 13.30 horas o contacontos "Copérnico e o sol".
• A praza da Pedreira abrirá o seu circuíto de xogos de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas.
o Tamén terá un obradoiro de gallegas astronómicas de 13.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 19.00 horas.
• Soportais da Pedreira:
o 12.00 a 14.00 horas. Obradoiros de tres en raia cósmico
o 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas: A astronomía e o mar: obradoiros creativos.
o 16.00 a 18.00 horas: Obradoiros de colgantes cósmicos.
• Praza de España:
o 11.00 a 21.00 horas: Atraccións medievais
o 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Campamento medieval.
• Avenida de Santa María (detrás do CITA):
o 12.00 a 18.00 horas. Unha mirada ás estrelas.
n

COMPARTIR