II edición do Festival das Núbebes

112

A Concellaría de Benestar Social Municipal presentou a segunda edición do Festival das Núbebes que se celebrará entre o 19 e o 28 de setembro con múltiples actividades destinadas ao público en xeral e tamén aos profesionais deste eido. A concelleira Carmen Fouces explicou que a programación deste ano desenvólvese en dúas liñas: atende a familia e a infancia, e atende á muller, a familia e ao bebé, xa que se propoñen actividades para mulleres que as fagan reflexionar e que lle proporcionen ferramentas para crear ambientes pacificadores, confortables…

Nesta ocasión, a programación introduce a colaboración de tres entidades: Medrando á par, Tetameiga e Anedia, que organizarán obradoiros.

A programación inclúe varias novidades como actividades de rúa, incorpora como espazo a Facultade de Belas Artes onde haberá aulas de xogo e lecer para os nenos, e unha guerra de almofadas na praza do Teucro. Ademais, o festival inclúe música, danza, teatro, obradoiros e outras propostas para achegarse tanto aos bebés coma a toda a familia.

Para máis información:

https://es-es.facebook.com/festivaldasnubebes?fref=nf

COMPARTIR