Un ceo para mil culturas, o espectáculo inaugural da Feira Franca

99

A praza da Ferraría acollerá este venres un novo espectáculo de rúa de inauguración da Feira Franca. Baixo o título "Un ceo para mil culturas" as compañías Kull D`Sac, Troula e Acrolúa encargaránse de transportar a todos os espectadores á época medieval baixo o paraugas común da astronomía.

Será un espectáculo que combinará actuacións en escenario con proxección de fachadas e tamén números aéreos circenses. Precisamente para isto será preciso instalar dous guindastres a cada lado do escenario para poder facer as acrobacias.

Neste espectáculo participarán 25 actores e terá unha hora de duración (comezará sobre as 22.30 horas). Para o espectáculo será preciso oscuridade en toda a praza, polo que dende a Concellaría de Festas solicítase a colaboración de todos os veciños e establecementos da praza para que ás 22.25 horas se apaguen todas as luces para poder gozar do espectáculo nas mellores condicións.