Operativo especial de limpeza da Feira Franca

88

A Concellería de Servizos en coordinación coa de Festas elaborou un operativo de limpeza específico para a Feira Franca. Este operativo comezará o domingo, 7 de setembro ás 06.00 horas e nel participarán 59 persoas con múltiples medios.
Ademais, para manter o recinto da Feira Franca en perfecto estado de limpeza, a empresa concesionaria Cespa tamén realizará o baldeirado de papeleiras e recollida de lixo en distintos puntos do centro histórico durante toda a xornada do sábado. Neste servizo participarán 14 persoas, que se distribuirán en catro zonas: Campiño, praza do Teucro, Ferraría e Alameda.
Ao respecto do servizo especial de limpeza da madrugada do domingo, tamén se dividirá todo o recinto da festa en catro espazos de actuación: Campiño, Teucro, Ferraría e Alameda. En todos estes ámbitos haberá catro furgóns sopradoras, catro varredoiras de beirarrúas, unha varredoira de calzadas, tres lava beirarrúas, dúas cisternas con auga para baldeo, dúas máquinas de baldeo manual, catro camións de recollida de lixo, e 31 operarios que realizarán traballos a pé.