“Pinocho”, o musical

105

Recomendado a partir de 3 anos. Baseado no conto "As Aventuras de Pinocho" de Carlo Collodi.

Acróbatas, bailarins, actores e cantantes acompáñannos nesta espectacular montaxe. Baseado no popular conto de Pinocho, no que se conxuga a maxia do circo, unha posta en escena sorprendente e a diversión do musical.

O carpinteiro Geppetto é un humilde home que sempre desexara ter un fillo e un bo día ocórreselle a xenial idea de tallar unha marioneta de madeira coa forma dun neno de verdade. Antes de estar rematada esta cobra vida inesperadamente e convértese nun neno traveso e desobediente ao que Geppetto chama Pinocho.

Da man do prestixioso director de escena, Gustavo Tambascio, creador de grandes musicais como "O Home de La Mancha" ou "O libro da Selva" entre outros, e un equipo artístico de recoñecido prestixio internacional, Producións Telon e Sound Line Produccionespoñen en escena esta versión de Pinocho que conxuga o formato dun gran musical coa ambientación e a posta en escena do circo, da man do humor e as aventuras do protagonista, converténdose nun espectáculo para o público familiar de todas as idades.

Prezo: dende 17 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com