Inscríbete na Master class en fotografía social do Fondo Galego de Cooperación

86

O Teatro Principal acolle o vindeiro 14 de outubro, a partir das 20.00 horas, unha master class en fotografía social impartida por Gabriel Tizón e incluída dentro do concurso "Imaxes con Fondo" do Fondo Galego de Cooperación, do que o Concello de Pontevedra é membro.
Cabe lembrar que o Fondo, no ano 2012 creou o concurso "Imaxes con Fondo" para promover a reflexión e un cambio de actitude na cidadanía para que practicaren condutas solidarias e respectuosas co planeta e os seus habitantes.
Segundo explica o propio Fondo "neste 2014 ábrese unha nova edición do concurso, que pretende combinar palabra e imaxe defendendo a necesidade de pensar no mundo da velocidade. Desde o 24 de abril e até o 15 de novembro a II edición de Imaxes con Fondo permanecerá aberta.
No tempo que permaneza aberta esta edición promoveremos a participación e a reflexión sobre as imaxes e as palabra, por medio de 9 Aulas Maxistrais (ou Master Class) en fotografía social impartidas por Gabriel Tizón e 7 Obradoiros (de 3 sesións cada unha) por Rober Amado".

Para máis información:

https://fondogalego.org/web/imaxes_con_fondo