A auga potábel restableceuse a primeira hora da mañá na cidade e nos concellos afectados

88

O concelleiro responsábel do Ciclo da Auga, Raimundo González explicou esta mañá que o operativo especial fixado polo Concello e a empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga potábel, Viaqua, para conectar á rede xeral a ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potábel (ETAP) situada en Lérez, fíxose sen incidencias.
O servizo cortouse a unha parte da cidade ás 23.00 horas de onte, e os traballos de conexión remataron ás 06.00 horas da mañá, segundo os datos de Viaqua. (A previsión era que os traballos rematasen ás 08.00 horas).
Ás 09.00 horas xa estaba todo o servizo restablecido, tanto na cidade de Pontevedra como nos concellos lindantes de Marín, Poio e Sanxenxo afectados por este corte.