Corte de auga esta noite

121

O abastecemento de auga do municipio, e dos concellos lindantes volverá a vivir un novo corte esta noite. O Concello de Pontevedra foi informado na xornada de onte deste corte solicitado pola empresa pública Acuaes que está a facer probas na estación depuradora e nas conduccións da auga.
A Concellaría do Ciclo da Auga mantén un seguimento especial para este novo corte que comezará ás 00.00 horas do martes e rematará, segundo as previsións, ás 05.00 horas, polo que o Concello estima que se poderá restablecer a totalidade do servizo antes das 07.00 horas.
Como na pasada vez, o Concello e a empresa concesionaria tratarán de restablecer o servizo o máis axiña posible, aínda que se trata dunha operación complexa.
A afección no Concello de Pontevedra será no leste da cidade. O punto de corte será, aproximadamente, a vía do tren polo que se verán afectados os barrios de Monte Porreiro, toda a zona leste con Loureiro Crespo até a estación, a avenida da Estación, a avenida de Vigo dende Fernández Ladreda, e tamén toda a zona de San Brais, en Salcedo.
Tamén lle afectará aos concellos de Marín, Bueu, Poio e Sanxenxo.
A pesar de que o groso da cidade non se ve afectado por este corte, o concelleiro Raimundo González fai un chamamento aos veciños que si disporán de servizo para que fagan un consumo mesurado durante as horas do corte e tamén durante a resposición do servizo.
As zonas afectadas polo corte son as seguintes:
• Zona de A Parda: Rúa Alfredo Brañas, Rúa As Devesas, Rúa Camposanto, Avda. Conde Bugallal, Rúa Estación, Rúa das Pereiras, Rúa dos Montes, Rúa Entrevias, Rúa Otero Pedrallo, Rúa Porta Grande, Rúa Parda, Rúa Poza Da Barcia, Rúa Pedra do Lagarto.
• Zona Avda. de Lugo: Rúa Angel Amor Ruibal, Rúa Castañal, Rúa Ciriña, Rúa Costado (A Seca), Rúa das Fragas, Praza das Regas, Avda. de Lugo, Rúa dos Campos, Rúa Ernesto Caballero, Rúa Faustino Santalices, Rúa Forcarei, Rúa Gaiteiro de Soutelo, Grupo Salgueiriños, Rúa do Maré, Rúa Mestre Soutullo, Rúa Ramón Cabanillas, Rúa Rodriguez Seoane, Rúa Santa Margarita, Estrada Valdecorvos, Rúa Villaverde, Camiño da Seca, Camiño da Vila, Rúa Paloma, Rúa do Outeiro, Rúa Reguiña.
• Zona Avda de Vigo: Rúa Bibiano Fernandez, Rúa Pintor Manuel Colmeiro, Rúa Herminia Fariña Cobian, Rúa Pintor Virxilio Blanco, Rúa Pintor Urbano Lugris, Rúa Pintor Luis Seoane, Avda. de Vigo.
• Zona Juan Carlos I: Rúa Abundancia, Rúa Alcalde Garcia Filgueira, Rúa Carrasqueira, Rúa Gaiteiro Ricardo Portela, Avda. Juan Carlos I, Rúa Lagares, Rúa A Estrada, Rúa Loureiro Crespo, Rúa Losada Dieguez, Pintor Laxeiro, Rúa Rafael Dieste, Rúa San Mauro, Rúa dos Soutos, Rúa Sta.Teresa de Jesús Jornet, Rúa Francisco Tomas y Valiente, Plaza Fermín Bouza Brey, Rúa Diego Sarmiento Acuña, Rúa Pintora Maruxa Mallo.
• Zona Monte Porreiro: Rúa das Viñas, Rúa Meixueiro, Rúa Montecelo, Casas Novas, Aldea Laxiñas, Rúa de Francia, Rúa de Dinamarca, Rúa de Holanda, Rúa de Portugal, Rúa de Italia, Rúa de Suecia, Rúa de Grecia, Rúa de Reino Unido, Rúa de Cornubia, Rúa de Escocia, Rúa de Armorica, Rúa de Cambria, Rúa Eirín, Rúa de Alemania, Rúa de Belxica, Rúa de Luxemburgo, Rúa de Irlanda
• Zona O Marco: Rúa do Marco, Carretera Po-542. Zona San Blas: Rúa San Blas, Estrada Corredoira Espiño, Rúa Santa Lucia, Rúa A Corva.
• Suministro en alta a os concellos de Marín, Poio, Sanxenxo e Bueu.