Volver Domingos do Principal despois de Nadal

153


Un ano máis por estas datas chega o ciclo de teatro infantil e familiar “Domingos do Principal” que en 2015 celebra a súa 16ª edición. Coa finalidade de achegar aos nenos e nenas ao teatro de autor, de títeres, á danza, etc. e transmitir valores mediante ás representacións, a organización do ciclo en colaboración con Teatro Akatro, selecciona un amplo repertorio de obras pertencentes a compañías de todo o territorio nacional.
O ciclo extenderase do 11 de xaneiro ao 1 de marzo, cunha pausa o domingo 15 de febreiro por mor do Entroido.
Nesta ocasión serán 7 os espectáculos diferentes de danza, teatro de actor, monicreques, etc. que se representarán na súa totalidade no Teatro Principal  e, como xa ven sendo habitual en dobres sesión, ás 12:00 horas e de tarde ás 18:30 horas.
Do mesmo xeito, realizaranse un total de 3 representacións concertadas con centros escolares os luns 26 de xaneiro (Bailando sin zapatos) e 9 (3,2,…1) e 23  de febreiro (As fabas máxicas) cun único pase ás 11:30 horas.
As entradas están dende hoxe mesmo á venda anticipada en servinova e no 902 504 500 en forma de abono para o ciclo completo, que da dereito a asistir a todas as funcións ben na modalidade matinal ou de tarde a un prezo de 21,00€ (gastos de xestión incluídos). Podedes adquirir tamén desde xa os tickets individuais  en servinova a un prezo de 4€ (gastos incluídos). 
No caso de quedar entradas disponibles, poderanse adquirir 2 horas  antes de cada función na billeteira do Teatro.

Domingo 11 de xaneiro – La vuelta al mundo de  Gorakada teatro (Euskadi)
Ao igual que Phileas Fogg é retado no Reform Club de Londres a dar a volta ao mundo en oitenta días, viviremos unha aventura que nos levará a viaxar en tren, en barco, en elefante… para poder gañar a  aposta.
Un espectáculo baseado no libro de Xulio Verne “A volta ao mundo en 80 días”
Premios FETEN 2013 á mellor dirección, mello interpretación masculina, mellor adaptación teatral e mellor espazo escénico e iluminación.
Teatro de actor e monicreques con música en directo. Duración: 60 minutos. Recomendado a partir de 5 anos.
Domingo 18 de xaneiro – MALASOMBRA de Au Ments Dansa-Teatre (Illes Balears)
Malasombra é un conto inspirado en “A marabillosa historia de Peter Schlemihl” de Adelbert von Chamisso, unha novela romántica onde a sombra é asimilada á alma ou ao dobre de un mesmo.
Pero…Que ocorrería se esta sombra fose roubada?
Premios Escénica 2011 mellor escenografía, mellor iluminación, mellor intérprete de danza (Caty Carrasco) e mellor espectáculo de danza.
Nominado ao premio revelación MAX 2012.
Danza contemporánea, videocreación, música en directo, teatro de obxectos e sombras experimentais.
Duración: 50 minutos.  Recomendado a partir de 7 anos

Domingo 25 de xaneiro – BAILANDO SIN ZAPATOS de LaSal Teatro (Andalucía)
Direicho en voz baixa, porque é un segredo: EU ENCÁRGOME DO MUNDO.
Este é un traballo que ninguén coñece, pero que todo o mundo ve, e aínda que calquera o poida facer, case ninguén sabe que o pode levar a cabo.
Pero algún día terei que deixalo. Busco a unha persoa que queira dedicarse a escoitar o mundo. Por iso estou aquí.
Teatro de actor.
Duración: 45 minutos
Recomendado a partir de 4 anos

Domingo 1 de febreiro – LA GRAN A…VENTURA de Marcel Gross (Catalunya)
Espectáculo “30 aniversario”
Un gran A maiúsculo domina o cenário, é a letra A de Arte. Actuacións estelares de… Un gran papel prateado… un caldeiro do lixo… Unha viaxe a bordo dun A grandísimo… A camisa de papá… mimo… faquirismo…
Premio mellor espectáculo Castilla La Mancha 2012.
Nomeado mellor espectáculo de circo cómico premios Zirkolika 2011.
Clown.
Duración: 60 minutos. Recomendado a partir de 3 anos
Domingo 8 de febreiro – 3, 2, 1… de Teatro Ghazafelhos (Galiza)
Un astronauta chega a un planeta descoñecido. Alí atópase cunha extraterrestre que tamén chegou de exploración. Logo do estraño encontro os dous cosmonautas comezan a convivir descubrindo sentimentos que xamais sospeitarían ter.
…3,2,1… É unha obra chea de humor e tenrura que nos chegará ao corazón.
Teatro de actor, mimo, monicreques e música.
Duración: 55 minutos
Recomendado a partir de 5 anos

Domingo 22 de febreiro – AS FABAS MÁXICAS de Caramuxo Teatro (Galiza)
Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de Nova York. Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.
Unha visión contemporánea do coñecido conto infantil.
Teatro de actor e monicreques.
Duración: 42 minutos
Recomendado a partir de 4 anos

Domingo 1 marzo – PULGARCITO de Teatro Paraíso (Euskadi))
Unha nova versión do conto clásico de Perrault cun punto de vista contemporáneo. Segundo din, os contos inventáronse para durmir aos nenos e espertar aos adultos pero, e se os pais fosen nenos e os nenos adultos? Este é un espectáculo especialmente ideado para pais e fillos.
Premio ao mellor espectáculo do Ciclo Barroco Infantil 2014 no Festival de Almagro.
Premio Nacional de Artes Escénicas para a Infancia e a Xuventude 2012.
Teatro de actor.
Duración: 55 minutos
Recomendado a partir de 7 anos.