Improperio D.F., derradeira función de Ponteatro

114

A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela, presentaba esta mañá acompañaada por todos os integrantes da compañía Triatreros, o derradeiro espectáculo do ciclo Ponteatro. “Improperio D.F” que así se chama, porá o broche de ouro a esta edición na que foron un total de 7 os espectáculos, de diferente natureza, os que botaron teatro á vida dos pontevedreses/as.

Anxos destacou na súa intervención a boa acollida do ciclo un ano máis, a variedade dos espectáculos e a intencionalidade de pechar con este espectáculo “nos que a metade do grupo son de Pontevedra, son xente nova, están afrontando novos proxectos e a acollida que tiveron na súa intervención con “Improchef” no pasado Salón do Libro foi espectacular.

O grupo de teatro, que xurdíu en 2011 e comparte a súa formación no ESAD de Vigo, conta na súa traxectoria com espectáculos como “Hamsters” ou “Matanza”. Foron evolucionando o seu xeito de facer teatro cara a improvisación non só en pequenos espazos, senón que se atreveron con salas como o Teatro Principal, com capadidade para máis de 400 persoas.

Tal e como destacou Bea Campos na dúa intervención “cada ambiente ten o seu aquel: nunha cafeteria a xente vai a máis cousas que a ver o espectáculo, falan, toman algo.. é mais complicado captar a súa atención. Nun teatro merca a entrada para ir a ver un espectáculo, van predispostos, pero para nós tamén é un sobre esforzo facer este tipo de improvisacións dunha hora de duración, sen descanso e com toda atención posta sobre nós, xá que apenas hai escenografía”.

“Improperio D.F” ten como fio conductor 4 persoas, poíticos desde distrito. Corruptos: van a roubar, pero avisan. Preguntan ao público cales son os seus problemas e solvéntanos empregando como ferramenta a improvisación. O espectáculo vese reforzado póla intervención musical de Davide González, que ademais compuxo o himno do seu “distrito”.

As entradas, a un prezo de 8 € (4€ para estudantes, parados e xubilados) están á venda anticipadamente en servinova e, no caso de non esgotarse, 1h. antes na billeteira do Teatro Principal.