Partido de fútbol benéfico en favor de Redeaxuda

135

A Concellaría de Benestar Social Municipal e o Club de Fútbol Ciudad de Pontevedra organizan o vindeiro 27 de decembro, a partir das 11.00 horas, o segundo partido de fútbol benéfico para mercar 2.000 quilos de patacas para Redeaxuda.
Segundo explicou a concelleira responsábel do departamento, Carmen Fouces, este producto é o que máis demandan as familias que precisan de colaboración de alimentos nestas datas.
O encontro será o sábado, 27 de decembro, no Pavillón Municipal.
Todas as persoas que queiran participar poderán facelo poñéndose en contacto co correo pgonzalez@pontevedra.eu
Xa están convidados diversos persoeiros e, incluso, poderá haber unha grande rivalidade entre os gardametas!

COMPARTIR