O Concello inicia unha limpeza en profundidade de todos os comedores escolares nas vacacións

99

A Concellaría de Servizos, que xestiona Carme da Silva, inicia o vindeiro luns, 22 de decembro, unha campaña de limpeza en profundidade de todos os comedores escolares do municipio, tanto na zona urbana como no rural.
Esta iniciativa xurdiu a raíz dun acordo ao que chegou a concelleira coa directiva da Fampa, responsable dos comedores escolares no municipio de Pontevedra. O acordo consiste en facer unha limpeza en profundidade destes comedores nos períodos vacacionais dos centros.
A primeira que se fará será neste Nadal e consistirá tanto na limpeza do mobiliario, como dos chans, teitos, cristais e todos os elementos que integren os espazos dos comedores.

COMPARTIR