“Rayuela”. Saura, Palazuelo, Canogar, Caballero, Mensa, Sempere, Tàpies, Pelayo, Gordillo

78

Unha serie de obras de artistas do talle de Antonio Saura, Antoni Tápies, Eusebio Sempere, Pablo Palazuelo, Luis Gordillo ou Rafael Canogar, entre outros, están presentes nesta exposición, como un recordo á desaparecida galería madrileña Rayuela, unha das principais promotoras nos anos 70 de divulgar a arte contemporánea con edicións serigráficas dos autores máis destacados da época.

Ata o 20 de marzo na Galería About Art da rúa Pasantería, 9 baixo. Horario: martes a venres, de 11 a 14 h. e de 17:30 a 20:30 h. Sábados, de 11 a 14 h.