“Mi vecino Totoro”

94

O Museo de Pontevedra, en colaboración co CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe), pon en marcha un ciclo de cine dirixido ao público infantil, cunha elección dos títulos de máis éxito entre os máis pequenos.

O filme de animación “Mi vecino Totoro” (Hayao Miyazaki, 1988) é un retrato da vida rural xaponesa nos anos cincuenta. Un profesor universitario trasládase xunto ás súas dúas fillas a unha casa preto dun bosque mentres a súa muller se recupera de tuberculose nun sanatorio rural. As súas fillas descobren a existencia dos "duendecitos de po", deste modo aprenden que hai seres que non todos poden ver, como os espíritos do bosque, que soamente poden ver aqueles de corazón puro. Mei, de cinco anos de idade, resulta fascinada ao encontrar dous pequenos espíritos e determínase a encontrar o rei do bosque, Totoro.

A entrada é gratuita ata completar aforamento e logo de retirada do tícket na recepción.