Perfecto Feijoo na memoria da Boa Vila

171

O Teatro Principal acolle este sábado, 31 de xaneiro, o espectáculo "Perfecto Feijoo na memoria da Boa Vila" a cargo da Agruación cultural Os de Algures.

O seu presidente, José Luís Rodríguez explicou que se trata dun espectáculo no que haberá diferentes interpretacións musicais de Perfecto Feijoo, con algo de teatralización. De feito, haberá cinco escenas seguindo cinco imaxes de Perfecto Feijoo que era coñecido gaiteiro e creador do coro "Airiños da terra".

A primeira data de 1901 cando o coro se trasladou a Madrid para actuar no Real convidado por Pardo Bazán, amiga de Feijoo.

A segunda xira en torno á botica de Feijoo

A terceira é unha visita ao Pazo de Lourizán, onde naquel momento vivía o presidente do Goberno, Montero Ríos.

A cuarta é unha escena do cruceiro.

E a última é un pic-nic, onde xa se pode apreciar o coro "Airiños da terra" con homes e mulleres.

O vestiario das mulleres é de Alberto Golpe, coleccionista de traxe tradicional galego e todos datos de primeiros do XIX. Os traxes dos homes son todos réplicas de traxes de época e da colección de José Luís Rodríguez.