Pablo Sanmamed Trío. Ciclo “Jazz no Savoy”

90

Concerto a cargo de Pablo Sanmamed Trio dentro do Ciclo de Jazz organizado polo Café Savoy. Entrada de balde.

O contrabaixista e compositor Pablo Sanmamed ten publicados como discos propios: “Xúa!”, con Xúa! no 2007, “Crebinsky B.S.O.” no 2010, “Airam Airun” con Triatone no 2011, e “Jet Lag” no 2012, ademáis de 67 discos e/ou DVD que inclúen gravacións con Germán Coppini Tsukiko Amawaka, Mark Sanders, Fred Frith, Carlos Martín entre outros.

Coma compositor ten o 1º Premio á Música Orixinal no 16º Festival Du Film Espagnol en Toulouse no 2011, 1º Premio Música Orixinal no Festival Internacional de Cine de Oaxaca no 2011, 1º Premio Festival Internacional de Asti no 2002 e 1º Premio Músicas do Mundo de Músicos ao vivo no 2013. O trio composto por Álvaro Vieito (guitarra) e Chus Pazos (batería) tocará unha selección de composicións propias e de standars.