O Centro Social Leste organiza o curso infantil de “Danza en bruto”

199

O Centro Social Leste acolle dende este venres, 30 de xaneiro, o novo programa "Danza en bruto" pensado para rapaces de 5 a 14 anos co obxectivo de traballar a danza, percusión e música máis tradicional e en familia. A Concellaría de Cultura en colaboración co Centro Leste colaboran na organización desta actividade.
A programa celébrase todos os venres até finais do mes de maio. Todas as persoas interesadas en inscribirse poderán facelo achegándose os venres ao Centro Social Leste. O prezo por todo o curso é de 25 euros por neno.
A actividade pretende recuperar a música tradicional e fomentar a dinamización cultural no barrio. Ao final do curso está previsto unha festa familiar.
O curso impártese de 16.30 até 21.00 horas. E está dividido por idades:
•  Pitiños (de 5 a 7 anos): de 16.30 a 18.00 horas
• Poliños (7 a 10 anos): de 18.00 a 19.30 horas
• A Granxa (10 a 14 anos): de 19.30 a 21.00 horas.
Os organizadores recomendan aos pais que os nenos leven merenda e auga para as sesións porque no seu transcurso farán unha merenda musicada.
Cada grupo ten un cupo de 20 prazas, e a día de hoxe aínda quedan vacantes en cada unha delas.