Pontevedra pecha o ano 2014 cun superávit de 2,3 millóns de euros

111

O Concello de Pontevedra pecha o orzamento de 2014 cun superávit de 2.366.314,32 euros segundo informou esta mañá o concelleiro de Economía, Raimundo González Carballo. Segundo o avance da liquidación do orzamento de 2014, o Concello de Pontevedra pechou o orzamento do pasado ano en 78.750.000 euros, cando a previsión inicial era de 66.073.000 euros.

No tocante aos investimentos, pasáronse de 7 millóns orzamentados inicialmente a 17 millóns de euros, supoñendo o 21.5% do orzamento.

O orzamento de 2014 executouse nun 93,43%, e no que ao investimentos se refire a execución elevouse a un 94,98%.

Segundo explicou Raimundo González, "estas cifras amosan que se poden facer uns orzamentos expansivos e mellorar os servizos que se prestan aos cidadáns". Ademais, estes bos datos veñen respaldados polo cumprimento da regla de gasto e da estabilidade orzamentaria imposta polo Goberno central.

"Temos un Concello saneado, que incrementa as inversións para mellorar a calidade de vida, e obtén un excelentes resultados financieiros, tal e como amosan os informes do órgano de xestión orzamentaria para 2015", explicaba o concelleiro.

Dende hoxe o orzamento de 2015 xa está en vigor.