Pontevedra recibe o vindeiro día 24 o premio UN-Habital en Dubai

62

Pontevedra recollerá o vindeiro 24 de febreiro o Premio UN-Habitat en Dubai. Pontevedra estará representada polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle, que terán todos os gatos pagados pola organización. Ademais dende o Concello se baralla a posibilidade de trasladar unha pequena comitiva para recibir o galardón máis importante que recibiu o modelo de cidade.

A cerimonia comezará o día 23 coa presentación de todos os proxectos gañadores. Pontevedra será a partir das 10.00 horas. 

O premio está dotado cuns 30.000 dólares, e o Goberno Local acordou repartir grande parte desta contía a Redeaxuda, e outra parte organizar un acto que permita facer partícipe á cidadanía do galardón, especialmente con aquelas asociacións que foron socios neste proxecto: Deputación, Stop Accidentes, Once, Cogami, Federación Castelao e Zona Monumental.