“En construcción”

76

“En construcción” comezou sendo unha pequena obra de teatro que escribiron hai máis de cinco anos os actores Carolina Román e Nelson Dante, unha parella de arxentinos que rexentaba un bar onde tamén impartía clases de tango.

A peza conta a historia de amor de Sole e Pablo, un matrimonio que, xunto co seu bebé, Sofía, foxe da crise arxentina de 2001 e chega a Madrid con soños, proxectos e saudades. Despois de dez anos, a familia considera retornar a Bos Aires obrigada polo actual contexto socioeconómico español.

Prezo: dende 15 €. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com