“Inocencia rebelde”. Ciclo “Menores sen reparos”

42

Proxección de “Inocencia rebelde” (John Duigan, 1997), dentro do Ciclo “Menores sen reparos” organizado pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Nun barrio residencial, a amizade entre unha nena de dez anos, solitaria e fantasiosa, e o xardineiro, un mozo de vinte e un anos, alarma aos pais da rapaza, que desconfían dun rapaz tan maior e que non pertence á súa clase social.

Entrada de balde ata completar cabida.